Os desprazamentos por motivos de traballo producen gran parte da mobilidade que se xera diariamente, sobre todo os días laborais. Ante tantos desprazamentos o risco de que se produza un accidente de tráfico increméntase, co que é importante actuar na súa prevención desde os diferentes axentes implicados: administracións, empresas e traballadores.
En ocasións as empresas non contemplan a seguridade viaria nos seus plans de prevención por falta de información ou porque non saben por onde empezar. Co obxecto de informar as empresas, e demais axentes responsables, sobre a importancia que ten a prevención dos accidentes de tráfico laborais, e de como poñer en marcha plans preventivos de seguridade viaria, o próximo 30 de outubro celébrase na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a IX Xornada “A Seguridade Viaria na empresa. Encontro de Boas Prácticas”. Nesta xornada participarán administracións, sindicatos, patronais e empresas de distintos sectores e tamaños, que informarán sobre a estado da arte, e compartirán novas experiencias na prevención de accidentes viarios laborais.
A Xornada “A Seguridade Viaria na Empresa. IX Encontro de Boas Prácticas”, está organizada pola Fundación para a Seguridade Viaria (FESVIAL), coa colaboración do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), a Dirección General de Tráfico (DGT), o Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo (INSST), e a Fundación CNAE.
Este encontro está dirixido a profesionais do mundo da prevención, da seguridade viaria e a directores xerais e xerentes de empresas e institucións. Programa completo e inscricións na web da xornada.
























