Asamblea Rede Galega de Teatros e Auditorios

A Cidade da Cultura acolle este martes a asamblea da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que terá lugar na Sala I da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Constituída en 1996 co obxectivo de impulsar a distribución dos espectáculos galegos, a Rede Galega de Teatros e Auditorios consolidouse nestes anos como o principal circuíto para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, á que dota de estabilidade na súa programación habitual.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) cofinancia esta rede xunto cos concellos e entidades xestoras do medio centenar de espazos asociados. O seu calendario de funcións estrutúrase en períodos semestrais de programación. As artes escénicas, a música e a maxia teñen cabida neste circuíto, con especial protagonismo do teatro e das compañías galegas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta