NOS Open Space

NOS Open Space é unha conferencia diferente, onde non hai relatores nin axenda prefixada e o mando o teñen os asistentes: unha ocasión especial para achegar un formato diferente á comunidade de startups galegas, o 24 de novembro na Cidade da Cultura.

O debate e as achegas de cada un dos asistentes serán o motor de cada unha das ponencias. Nun clima de flexibilidade e colaboración, todas as persoas poderán compartir a súa experiencia arredor da creación, supervivencia e crecemento dunha startup.

Os propios asistentes escollerán, ao comezo do evento e mediante un sistema de votación, os diferentes relatorios que se desenvolverán durante a mañá. Así, adaptarán o evento de maneira autónoma aos seus gustos.

Haberá dúas sesións paralelas que decorrerán de 9:30 a 14:00, como horas estimadas de comezo e final. O NOS Open Space rematará cunha comida das boas, das de casa.

O NOS Open Space está impulsado polos creadores do NOS Day en colaboración coa Maker Faire Galicia, feira de creadores e inventores que tamén se celebra na Cidade da Cultura na fin de semana do 23 ao 25 de novembro. As entradas son limitadas a 50 persoas e poden adquirirse a través da web do evento.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027