O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, preside esta mañá na Cidade da Cultura a chegada da primeira etapa da II Volta a España en Vehículo Eléctrico, actividade promovida por Endesa para concienciar sobre a loita contra o cambio climático e a transición a un modelo enerxético máis sostible.
A II Volta a España en Vehículo Eléctrico sae o 18 de Gaiás para percorrer 16 cidades da península, das Illas Canarias e Baleares ao longo de 9 etapas. 18 empregados de Endesa, entre pilotos e suplentes, realizarán o percorrido acompañados de Samantha Vallejo-Nájera e Pepe Rodríguez de MasterChef, divulgando a mobilidade sostible no seu camiño. O 11 de novembro a volta chegará a Madrid para celebrar a súa última etapa.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 nov 2026
De 17:30h a 18:30h
21 Nov 2026
16.30 h





























