#IURISTICGAL18: ‘Privacidade, blockchain e ciberseguridade’

Xa está aberto o prazo de inscricións para #IURISTICGAL18, a VIII Xornada de Informática Xudicial que organiza o CPETIG coa colaboración da Amtega, este ano co título Privacidade, blockchain e ciberseguridade. Toda a información e formalización de inscricións na web http://iuristicgal.cpetig.gal.

A xornada celébrase o día 10 de outubro na Cidade da Cultura e ten por obxecto profundizar na nova realidade tecnolóxica derivada do blockchain e nos conceptos de privacidade e ciberseguridade, analizando as súas implicacións xurídicas.

A edición deste ano abordará, entre outros temas de actualidade, as consecuencias da irrupción das criptomonedas, con centos de monedas virtuais no mercado baseadas nesta tecnoloxía que mobilizan millóns de euros diariamente, no que representa unha das maiores revolucións tecnolóxicas recentes. O máis innovador radica na súa tecnoloxía base, a rede blockchain, que permite dotar da máxima seguridade a entornos públicos e descentralizados e todo apunta a que vai extenderse a outros moitos servizos e ao propio funcionamento da rede.

Para presentar unha visión integral do entorno, #IURISTICGAL18 reunirá un panel de expertos nas distintas materias. Santiago Márquez Solís, CTO en Clluc e autor del libro Bitcoin: guía completa de la moneda del futuro, ofrecerá o relatorio “Blockchain e a lei”. Luis de Salvador Carrasco, subdirector xeral adxunto da Inspección de Datos da AEPD, falará de “Privacidade e dereitos fundamentais na Sociedade da Información”. Silvia Barrera, inspectora da UIT da Policía Nacional, intervirá sobre “Investigación de ciberdelitos nun mundo dixital”, completándose o panel de relatores con Eloy Velasco, maxistrado da Audiencia Nacional, e a súa intervención “Efectividade na persecución dixital de delitos e a súa validez probatoria. ¿É suficiente? ¿Como podemos mellorar?”

A xornada rematará coa mesa redonda: “Quo vadis seguridade TIC-xurídica?”, moderada por Víctor Salgado, avogado TIC e director técnico de IURISTICGAL18. Finalmente, unha comida networking, á que asistirán os relatores e o público participante, poñerá fin á xornada.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h