Obradoiro de traballo sobre as Axudas á Dixitalización Industrial (Industria 4.0)

O IGAPE e o Cluster TIC Galicia organizan un obradoiro para analizar as principais características da segunda convocatoria das Axudas á dixitalización industrial (Industria 4.0), para as que se poden presentar candidaturas ata o vindeiro 21 de setembro.

A xornada terá lugar o xoves 6 de setembro de 9.30 a 11:30 horas no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e constará de dous bloques seguidos dun café de networking gratuito para todos os asistentes.

A estrutura do evento é a seguinte:

  • Presentación da segunda convocatoria. Detallaránse as características das axudas, os criterios que deben cumprir os solicitantes e outras cuestións relacionadas coa presentación e adxudicación das mesmas.
  • Obradoiro de boas prácticas para a presentación de proxectos. Dirixido a resolver as dúbidas dos asistentes, analizar supostos prácticos e expoñer as aprendizaxes recollidas tras a primeira convocatoria.


Esta xornada está dirixida a profesionais de empresas do sector TIC interesados en propoñer proxectos aos seus clientes con apoio público. Tamén resulta de interese para directivos de empresas doutros sectores que vaian abordar proxectos de dixitalización no curto prazo.

A inscrición, de balde, realizarase de forma telemática no correo info@clusterticgalicia.com.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada