#SilverBullet18

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica de Informática de Galicia (CPETIG) organiza o II Congreso de Xestión de Proxectos, #SilverBullet18, que terá lugar na Cidade da Cultura o 27 de setembro.

#SilverBullet18, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, reunirá a oferta e a demanda do sector da xestión de proxectos, como espazo de encontro para propiciar un intercambio de información e opinión entre as persoas asistentes.

A xornada ten como obxectivo fomentar a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.

Intervirán relatores de referencia profesional e especial relevancia no sector, coas súas presentacións estruturadas ao longo dunha xornada, de xeito que favoreza a reciclaxe profesional e a actualización de coñecementos, accedendo ás últimas novidades e tendencias neste ámbito:

 

Máis información e inscricións na web do #SilverBullet18.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h