VI Curso Superior de Sumiller Profesional

O Instituto Galego do Viño organiza a sexta edición do seu Curso Superior de Sumiller Profesional. O curso desenvólvese entre setembro de 2018 e maio de 2019 [Aberto prazo de matrícula]. As clases teñen lugar todos os luns, en sesións de 10 horas e en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00, no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia.

O Curso Superior de Sumiller Profesional ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico. O seu programa lectivo inclúe a participación dos docentes máis prestixiosos (Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.) e constitúese como referencia da formación vitivinícola en España.

Este programa de especialización profesional aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de mercadotecnia aplicadas ao viño.

Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico profunda nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como: a difusión da cultura do viño, o desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural, a procura de novos mercados nacionais e internacionais, ou a orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h