A Cidade da Cultura acolle o sábado 23 de xuño ás 12.00 horas a entrega de premios do concurso de programación en Scratch para nenos e nenas DXC Codes. A iniciativa, lanzada a nivel mundial en DXC Technology para fomentar vocacións no ámbito STEM, foi organizada este ano, por primeira vez, desde o Centro de Excelencia e Intelixencia de Negocio (CEIN) para nenos de Galicia.
Presentaron os seus traballos 51 nenos e nenas de escolas de toda Galicia. En total serán entregados catro premios (2 para categoría 'junior' e 2 para categoría 'senior'). Ademais, un dos equipos participantes de categoría junior logrará a súa clasificación para a fase internacional do concurso.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 14 xul - 31 ago
























