Torneo World Robot Olympiad

O 30 de xuño a Cidade da Cultura de Galicia acolle un torneo oficial da World Robot Olympiad, organizado por Arkitas Robótica. A World Robot Olympiad é unha competición de robótica educativa de ámbito internacional, que ofrece aos rapaces e rapazas unha oportunidade de achegarse dun xeito lúdico e divertido á  tecnoloxía e á enxeñería. Os estudantes, coa orientación dun mentor, deben construir un robot innovador que supere un reto. Así, aprenden e demostran a súa capacidade de resolución de problemas, ao tempo que desenvolven competencias persoais.

Na WRO englóbanse diversos retos que se celebran de xeito independente:

  • Regular. Os equipos deben construír robots que consigan a máxima puntuación ao resolver probas presentadas sobre un taboleiro. Os retos están inspirados no país que acolle en cada edición a final internacional.
  • Football. Equipos de dous robots autónomos enfróntanse co obxectivo de marcar máis goles que o equipo rival.
  • Open. Os equipos empregan a súa creatividade e habilidades para propor solucións robóticas intelixentes a un tema, no marco dun proxecto científico.
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta