Premios a proxectos de Formación Permanente do profesorado

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participará na entrega de premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) 2017. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos.

Na convocatoria de 2017, foron premiados sete centros educativos: pola provincia da Coruña, os CEIPs Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Barrié de la Maza (Santa Comba) e Plurilingüe O Ramo (Fene). Na provincia de Lugo acadou o galardón o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes (Lugo); na de Ourense o CEIP Plurilingüe Vilar de Barrio (Vilar de Barrio); e na de Pontevedra o IES de Sanxenxo (Sanxenxo) e o Centro de Educación Especial de Panxón (Nigrán).

Cada un dos centros galardoados obterá unha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do Plan de Formación Permanente do Profesorado. Así mesmo, concédese unha mención especial aos mellores proxectos de formación de entre os premiados (CEIP Plurilingüe O Ramo e IES de Sanxenxo), consistente nunha asignación extraordinaria de 1000€.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO