Xornada "A localización dos ODS e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento"

No marco do plan de actividades do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para este 2018, o vindeiro 31 de maio terá lugar a xornada “A localización dos ODS e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento”, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), de 9:00 a 14:30h.

Neste seminario subliñarase o papel clave que teñen os municipios para acadar ditos obxectivos, aprobados a finais do 2015 polos estados membros da ONU e que teñen como propósito ser acadados en 2030, logo de que os anteriores Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio se acadaran só parcialmente. Estas metas buscan erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas, uns ambiciosos propósitos nos que os gobernos locais teñen moito que dicir.

De aí que o Fondo Galego, integrado por 95 concellos e tres deputacións, organice unhas xornadas para informar sobre esta axenda internacional e para coñecer que pasos están dando outras redes de municipios a nivel europeo, co obxectivo de fomentar a súa implementación na administración local galega.

Así mesmo, nesta xornada haberá tamén un espazo para o intercambio de experiencias, para potenciar o diálogo e a aprendizaxe entre as administracións locais, materializado en senllos obradoiros con dúas temáticas diferentes. O primeiro deles versará sobre a xestión de actividades de sensibilización, e o segundo sobre as convocatorias públicas municipais de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Do mesmo xeito, no transcurso do encontro permanecerá instalada a exposición ‘Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá’, que reúne 17 viñetas de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía, e que está a disposición dos concellos socios do Fondo Galego.

Máis información no web da Fegamp.

Programa da xornada.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta