Actividade dirixida ao profesorado de todas as etapas educativas que ten por obxecto sensibilizar e afondar no coñecemento da transformación cara a unha escola inclusiva, na que o maior valor da diversidade é que é a propia diferenza a que nos fai iguais.
Convértese esta xornada nun espazo de inclusión no que teñen cabida as entidades sen ánimo de lucro que colaboran na educación do noso alumnado, e no que se dá visibilidade a proxectos inclusivos tanto da nosa comunidade autónoma coma doutras do territorio nacional. Destácanse os valores de esforzo, superación e o reto que supón a educación para as persoas que presentan necesidades específicas de apoio educativo.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 14 xul - 31 ago

























