CIMS GAL 2018 - Cidades Innovadoras, Modernas e Seguras

O vindeiro 14 de marzo a Cidade da Cultura acolle o encontro CIMS GAL 2018, Cidades Innovadoras Modernas e Seguras. Tratarase dunha xornada en torno ás cidades intelixentes ou smart cities, para analizar os principais retos e oportunidades que presentan, en materia de calidade de vida, sustentabilidade, administración electrónica, transporte, xestión urbana ou comunicación.

Pode descargarse o programa da xornada neste enderezo electrónico. A apertura da xornada correrá a cargo do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a directora de AMTEGA, Mar Pereira; e o presidente do Cluster TIC, Antonio Rodríguez. 

O Encontro CIMS GAL 2018 está organizado polo Cluster TIC Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Axencia Galega de Innovación (GAIN). 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO