Social selling e comercio electrónico: apoios do IGAPE á dixitalización

O próximo mércores, 28 de febreiro, terá lugar en Santiago de Compostela, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, o Taller sobre comercio electrónico e venda social (Marketing Expertise-Social Selling), centrado en optimizar ao máximo a estratexia comercial dunha empresa desde a transformación dos xeitos de vender (Clientes e B2B).

A partir das 10:00 h desenvolverase unha mesa redonda sobre o comercio electrónico nas Pemes, contando coa participación de varias empresas (Tendeus, Lolita Moda, Recambios Frain e Filamen2print) que están destacando no ámbito do comercio electrónico e que compartirán as súas experiencias cos asistentes.

A partir das 11:30 h informarase sobre as novas axudas do IGAPE á dixitalización; e a continuación, ás 12:30 h, haberá unha charla-coloquio sobre "Redes Sociais e Optimización de procesos de venda", onde intervirá Álex López, formador de Redes Sociais en IESE, ESADE, IE, ISDI e Univ. de Deusto, e profesor de Linkedin & Social Selling.

As sesións van dirixidas a profesionais e responsables de empresas que queiran apostar pola dixitalización, así como aos departamentos implicados en mellora dos seus resultados comerciais aproveitando as oportunidades que ofrecen as redes sociais profesionais e o novo ámbito dixital.

Este encontro, organizado pola Universidade da Coruña, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Igape, busca aportar claves de implementación do comercio electrónico e o "Social Selling".

Máis información e inscricións nesta ligazón ou ben no email: mat@igape.es

Descargar o programa aquí.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h