Quinta edicion do curso desenvolvido en colaboración entre a FEMP, a Dirección Xeral de Patrimonio e o Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda e Función Pública. Esta acción formativa, que conta coa colaboración da FEGAMP, terá lugar os días 14 e 15 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia.
O curso está dirixido a responsables de contratación de Entidades Locais que queiran formarse nas novidades que introduce a nova Lei de Contratos para a Administración Local. Terán prioridade os perfís técnicos e directivos e os inscritos de entidades maiores de 20.000 habitantes.
Programa de contidos:
- A contratación pública estratéxica
- Tipos contractuais
- Capacidade e solvencia do empresario
- Obxecto, orzamento de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión
- Normas xerais da adxudicación dos contratos das AAPP
- Efectos dos contratos
- Os procedementos de adxudicación
- Novidades no réxime xurídico dos contratos de obras, suministros, servizos e concesión de obras
- Plataforma de contratación do sector público
- Solvencia. Clasificación de empresas
- Racionalización técnica da contratación
- As novas obrigas en materia de gobernanza
- Especialidades de contratación pública nas Entidades Locais
Máis información na web: http://formacion.femp.es/cursos/show/18fempdgpatri3. Inscricións ata o 1 de marzo de 2018.
| 93.03 KB |
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026




















