#100Consejos para el 2018

O 21 de febreiro de 2018, o Museo Centro Gaiás acolle o IV Encontro para Directivos Líderes de Galicia: "100 Consejos para el 2018". Participarán no evento 10 conferenciantes procedentes do tecido empresarial galego que contarán á audiencia as claves do seu éxito, profundizando en diversos temas. O encontro finalizará cunha intervención a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Os encontros para empresarios "100 Consejos" nacen co obxectivo de compartir coñecemento e establecer redes de networking para apoiar empresas e proxectos emprendedores innovadores en diferentes sectores empresariais. Estes encontros están pensados para potenciar o emprendemento e o desenvolvemento de ideas empresariais e por iso os asistentes a '100 Consejos' adoitan ser directivos de grandes empresas, xestores e xerentes ao cargo de grandes equipos de traballo e novos emprendedores. Pero calquera persoa interesada na dirección de empresas, a xestión de equipos, as estratexias de marketing e todas as actividades relacionadas co desenvolvemento dun negocio, lle sacará proveito a estes Encontros.

Máis información en: www.100consejos.com

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h