Programa Go2Work (3º Edición)

Coworking centrado no sector das industrias culturais e tecnolóxicas.

Obradoiros

Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axúdase aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: “Lean StartUp: Avaliación e validación do teu plan de negocio”; “ Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Como poñer en marcha un Plan de márketing dixital”, etc.

Sesións de formación grupal

Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegamento dos proxectos do espazo coworking. “Finanzas para emprendedores non financeiros”; “Habilidades de Comunicación”, “Xestión do Talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo”, etc.

Mentorización

Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño. Eventos Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir bestpractices, contando coa experiencia doutros emprendores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre.

Como peche á edición celebrarase o Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.

CONVOCATORIA

Convocatoria anual, dirixida a emprendedores pertencentes ás industrias culturais e tecnolóxicas cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking). Actualmente o prazo de inscrición atópase pechado.

MÁIS INFO

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h