Presentación de materiais de Robótica a centros de Educación primaria

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participa ás 10.40 horas na xornada de traballo Robótica en primaria, na que centros educativos amosarán o traballo que realizan con ferramentas de robótica nas aulas.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou a finais do curso pasado un novo programa de innovación educativa para introducir a robótica en Primaria.

Deste xeito, o departamento educativo da Xunta de Galicia dotou de kits de robótica a un máximo de 120 centros docentes públicos durante o curso 2017/18 co fin de que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción.

En concreto, o material estaba conformado por seis robots de uso educativo adecuados ás idades do alumnado; seis kits de construción, que permitirán a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes; así como un manual de uso e guía didáctica.

Tal e como figura na resolución, que se pode consultar no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22426, cada centro, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da Consellería ou mediante obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

A iniciativa vai dirixida a alumnado que curse 4º, 5º ou 6º de Primaria durante o vindeiro curso, que ademais de adquirir nocións básicas sobre robótica e programación, tamén traballará as áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 3 - 6 dec