Food & Beverage marketing

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea (Grupo de Competencia e Desenvolvemento Rexional na UE) da Universidade da Coruña organizan o Workshop: Food & Beverage Marketing Trends on the edge of 2020. Helping companies make what people want to eat impartido por John Stanton, profesor de Marketing na St. Joseph University. É na Cidade da Cultura de Santiago o próximo día 21.

Segundo informa Clusaga, John Stanton é profesor de Marketing na St. JosephUniversity desde o ano 1984, conta cunha ampla experiencia no mercado alimentario norteamericano e desempeñou postos directivos nas industrias do sector. Foi Vicepresidente de Marketing para MellitaCoffee Co. durante 20 anos, Director de Investigación en WeightmanAdvertisingAgency e tamén traballou para Tengelmann en Alemaña. Actualmente, é membro do Comité de Dirección de Herrs Food Co. e de FrankfordCandy Co.

No plano científico, conta con máis de 60 publicacións de artigos académicos, incluíndo o JournalofmarketingReseach e a revista Science, así como numerosos manuais como Winning Marketing Strategy: the Rules (2009) e PrecisionTarget Marketing (2010). Así mesmo, na actualidade o profesor Stanton é director do Instituteof Food Products Marketing e editor das prestixiosas publicacións académicas coma o Journalof Food Products Marketing.

As súas liñas de especialización son a marketing de produtos alimentarios e en particular a importancia dos distintos atributos físicos fronte ás marcas dos produtos e a información que as compañías outorgan aos consumidores.

A inscrición pode facerse a través do 981556062 e info@clusaga.org

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h