A Cidade da Cultura acolle no Centro de Innovación Cultural a feira de proxectos do Piteas, un programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas impulsado pola Fundación Barrié. Este programa, en cuxa primeira fase piloto participan nove centros escolares galegos, inclúe iniciativas de formación do profesorado para a optimización da detección e do desenvolvemento do talento nas aulas, así como accións directas de fomento da creatividade e as ciencias entre o alumnado.
Programa
16:00 - 17:00 | Inauguración da Feira.
17:00 - 18:00 | Espazo de encontro: 'Boas prácticas Piteas'. Para profesorado e público interesado.
18:00 - 19:00 | Obradoiros simultáneos de ciencia e oratoria.
16:00 - 20:00 | Exposición de pósters e vídeos e Stands dos centros Piteas.
























