Faladoiro dixital arredor da creatividade dixital

O 8 de xullo volven os faladoiros dixitais organizados polo CPEIG co apoio da Amtega. A campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou a súa segunda edición tratando temas coma o Big Data.

Nesta ocasión o encontro analizará a creatividade dixital dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital, e terá lugar no Edificio Cinc da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, de 09.45H. a 14.00H. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego.

A benvida institucional correrá a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez. Logo do inicio do acto intervirá Juan Corro, director académico de U-Tad, centro universitario referente na formación de futuros líderes do mundo dixital,  quen se encargará de disertar sobre a “Formación e emprego na revolución dos contidos”. Tralo descanso, Manuel Meijide, director de ILUX Visual Technologies e experto no deseño e desenvolvemento de proxectos integrais no eido das “smart cities”, abordará a charla  “Mundos dixitais e novos media”. O último relator da xornada será Roberto Romero, fundador de Future Lighthouse e desenvolvedor de realidade virtual, quen falará de “Realidade virtual, novos horizontes”. O “Faladoiro dixital arredor da creatividade dixital”, pecharase cunha mesa redonda aberta ás preguntas dos asistentes.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI