Entrega V edición dos Premios Nós tamén creamos!

O Premio Nós tamén creamos! recoñece curtas de animación en galego elaboradas por alumnado de infantil e de primaria coa técnica stop­motion. As curtas son adaptacións de textos literarios; en concreto, de álbums ilustrados. O premio forma parte do programa de dinamización lingüística homónimo desenvolto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e con OQOeditora.

Nós tamén creamos! ten os obxectivos de promover unha imaxe positiva da lingua galega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos ámbitos e formatos e dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lles ofrece aos cativos o web da Televisión de Galicia.

As curtas premiadas este ano poden verse no Portal da Lingua Galega e no web da Televisión de Galicia

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta