Olga Gallego e a condición feminina

A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolle o relatorio Olga Gallego e a condición feminina, a cargo do presidente da fundación que leva o seu nome, Pedro López Gómez.

Esta actividade ten lugar na antesala da celebración do Día da Muller e no marco da inauguración da serie expositiva Mulleres Sobranceiras, coa que se pretende poñer en valor e dar a coñecer, a través de mostras documentais, a vida e a obra de mulleres que levaron a cabo un destacado labor en diferentes ámbitos profesionais. 

A relevancia da figura de Olga Gallego Domínguez (Ourense, 1923-2010) na arquivística española, a súa preocupación constante polo desenvolvemento do sistema arquivístico e a conservación do patrimonio galego así como a doazón que a súa irmá fixo do seu arquivo persoal ao Arquivo de Galicia, no ano 2011, fana merecedora da primeira mostra desta serie de homenaxes dedicadas ás mulleres galegas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI