Aprender a dar no branco: seminario de publicidade e esgrima

No marco do programa de actividades "Compostela Móvese", Cersia Empresa convoca o seminario de sete horas de duración Aprende a dar no branco, co obxectivo de fomentar o emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.

Programa

Publicidade. 10.00 – 14.00 horas.

Chegar onde outros non chegan ou onde non chegou ninguén antes... Este é un dos fins esenciais da publicidade.

Queres ser capaz de anunciarte como esa bebida refrescante que  conquista a todo o mundo? Desexas viralizarte e entrar en cada fogar a lombos dun cabalo como o do anuncio do supermercado de moda? Nesta sesión veremos e valoraremos moita publicidade. Imparte: Modesto Gómez

Esgrima. 16.30 – 19.30 horas

Dar no albo. Conseguir impactar na persoa de en fronte para conquistar a batalla. Ese é o fin último da publicidade e a esgrima. Durante a sesión de tarde desta acción, un dos maiores expertos de Galicia na arte da espada ensinaranos a manexar o florete con destreza, facéndonos comprender as regras, usos e costumes desta centenaria disciplina chea de vistosidade e elegancia. Imparte: José Luis Piñeiro, promotor de Esgrima Compostela.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI