Encontros polo DAC

A Federación Española de Daño Cerebral organiza, con motivo do seu 20 aniversario, os Encontros DCA: 20 anos construíndo dignidade. Os encontros debatirán o pasado, o presente e o futuro de FEDACE e da atención ao dano cerebral, poñendo en primeiro plano ás familias e ás persoas con DCA e analizando en perspectiva o labor das asociacións de DCA xunto aos profesionais que colaboraron no desenvolvemento deste movemento asociativo.

O Encontro de Santiago terá lugar na Cidade da Cultura baixo o título Proxectos de vida: Promoción da autonomía persoal e inclusión social de persoas con DCA, no que se debatirá sobre os dereitos das persoas con DCA e servirá para presentar distintos programas, produtos  e servizos de apoio á autonomía persoal e inclusión de persoas con DCA.

Programa

9:00 | Inauguración.

10:00 | Dano Cerebral Adquirido e dereitos.

12:00 | Programas, produtos e servizos de apoio á autonomía e inclusión de persoas con DCA.

13:30 | Clausura.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta