Vivir do aire ou cambiar as regras do xogo?

A empresa do Coworking Gaiás 7H Cooperativa Cultur aorganiza Vivir do aire ou cambiar as reglas do xogo? I Encontro sobre precariedade laboral e malas prácticas no sector cultural galego, no que analizar a situación desta área en Galicia.

Tras analizar os datos dunha enquisa realizada no sector das industrias culturuais e creativas, 7H Cooperativa Cultural asegura que a pesar da boa preparación -máis do 70% ten estudos superiores e o 83% continúa formándose activamente de xeito extra académico- a precariedade laboral no sector e as habituais malas prácticas parecen conducirnos irremediablemente a un estado no que non nos queda outra que vivir do aire. Ou será posible cambiar as regras do xogo?

Coa finalidade de debater todas estas cuestións e analizar conxuntamente as nosas necesidades como profesionais da cultura e a creatividade, 7H Cooperativa Cultural convoca este I Encontro sobre precariedade laboral e malas prácticas no sector cultural galego. Destinado a profesionais en activo, desempregados e estudantes do ámbito da cultura e a creación que desexen promover co seu traballo un cambio significativo no tecido cultural galego; e que precisen información sobre cuestións laborais, fiscais ou de xestión.

 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
Ata 3 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h