A Cidade da Cultura acolle este venres, 12 de xuño, a Xornada (r)evoLuƧión, evento que pretende ser un punto de encontro de experiencias inspiradoras para profesionais do eido tecnolóxico e para todas aquelas persoas interesadas en tecnoloxías de código aberto en calquera sector da sociedade.
Este evento, organizado por Agasol en colaboración coa Amtega, contará coa presenza de relatores como Juan Freire ou Javier de la Cueva. Teremos a oportunidade de compartir experiencias e coñecemento con empresas galegas e estatais con presenza internacional como son Paco y Lola, OpenROV, ICARTO, Anubia, IGALIA…
Obxectivos:
- Servir de escaparate de experiencias, novidades e solucións en código aberto.
- Ser un espazo de networking e contactos entre profesionais de diferentes disciplinas.
- Inspirarar a aquelas persoas que queiran descubrir novas formas de emprender e/ou desenvolver novos produtos/servizos de base código aberto.
Programa
9:30-9:45 | Presentación institucional.
9:45-10:30 | Por que o Open Source é estratéxico para os negocios. Mar Castro (Igalia).
10:30-11:15 | Tecnoloxías libre e viño: o caso das bodegas Paco y Lola. Carlos Carrión.
11:15-12:00 | Negocio con datos: onde están os límites. Javier de la Cueva.
12:00-12:30 | Pausa-Café.
12:30-13:15 | Tecnoloxías abertas debaixo do mar: Openrov. Francisco Javier Sánchez.
13:15-14:00 | Un caso para as escolas de negocio: Modelo Igalia. Xavier Castaño.
16:00-16:45 | Software libre galego polo mundo: Icarto. Pablo Sanxiao.
16:45-17:30 | Partners tecnolóxicos. Unha solución para o desenvolvemento de negocios: Anubia. Wilfredo Santana.
17:15-17:45 | Pausa-café
17:45-18:30 | Sesión final: Colaboración para o futuro. Juan Freire.
| jpg | 196.86 KB |























