A Cidade da Cultura de Galicia será un dos espazos nos que se celebrará a Bienal Estatal de Circo (BEC!), que reunirá en Santiago de Compostela artistas, compañías e profesionais do sector durante catro días, xunto co Teatro Principal e o Salón Teatro.
[Consulta a programación completa AQUÍ]
O avance da programación inclúe 8 espectáculos, 6 showcases e 5 propostas work in progress, ademais de actividades dirixidas ao intercambio entre profesionais. O programa completo, cos horarios e os espazos de celebración, publicarase proximamente.
As inscricións profesionais xa están abertas. As persoas interesadas poden consultar o avance da programación e a información sobre a acreditación aquí.
A bienal contará tamén cun programa profesional con mesas de traballo, cafés PRO, obradoiros, presentacións de proxectos (pitching), espazos de networking e a entrega do Premio CircoRED. A iniciativa recolle a experiencia de Circo Presente Continuo, cuxa última edición, celebrada en 2023, reuniu 285 profesionais inscritos e 62 programadores e programadoras.
BEC! está impulsada por CircoRED, a Federación Estatal de Asociacións de Profesionais de Circo de España, que agrupa asociacións de 13 das 17 comunidades autónomas e representa máis de 850 profesionais. O proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e do Concello de Santiago de Compostela, a través de Compostela Cultura. Tamén colabora a Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG).
Programación na Cidade da Cultura
Martes 24 nov
- 10:00h. Work in progress. Sophia y Elena / Que me quiten lo bailao (Lo Mul / Afany)
- 11:00h. Mesas PRO
- 13:00h. Espectáculo de rúa. AsSircópatas / Rogelio III (La Fête)
- 15:30h. Obradoiro mediación aplicada / La Red
- 10:00h. Work in progress.Miguel Frutos / Proyecto Amasijo || Cía. Er(R)ata / Punto Nemo || Cía. Caí / 72 horas
- 11:30h. Pitchings
- 13:00h. Espectáculo de rúa. Kolektivo Konika / Matrimonio
- 16:00h. Presentación de proxectos sectoriais
- 11.00h. Showcases. CiaCaïda Circ / Insània || Pistacatro Productora / Sen patrón || Henriko / Circo Cambuche || Bucraá Circus / Mahâra || Sirio Rubio / Grotte
- 13.30. Actividade e vermú de despedida. Luis Lozano / Punto de encuentro: hoy nos conocemos


























