Gladiator Race 2026

Gladiator Race é unha carreira que pon a proba a forza física e mental da maneira máis divertida: 6 km e máis de 40 obstáculos que converten o Gaiás nun campo de probas no que a superación persoal, a resistencia e a emoción serán as protagonistas dunha xornada que vai máis alá do deporte. Esta nova edición celebrarase o sábado 12 de setembro de 2026.

O evento inclúe tamén a Gladiator Kids, pensada para que a cativada da casa poida gozar dun día en familia facendo deporte. Con diferentes distancias e percorridos en función da idade, sen carácter competitivo, na proba poderán participar nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A carreira mantén a súa dimensión solidaria un ano máis, dedicando parte do importe das inscricións á asociación Art For Dent, e habilitando unha fila 0 para aquelas persoas que desexen colaborar economicamente sen participar directamente na carreira.

Gladiator Race Santiago 2026

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada