Tecendo Saberes: obradoiro de colaboracións entre Arte e Ciencia

O Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipt-CSIC) organiza o luns 15 de xuño un diálogo internacional entre arte e ciencia co obxectivo de expandir as fronteiras do coñecemento cara a novas formas de creación, e ofrecer inspiración e ferramentas prácticas para reflexionar como colaborar máis aló da academia, aprendendo de experiencias e intereses das e os participantes.

O obradoiro propón unha viaxe desde o familiar cara ao descoñecido centrando a mirada na creatividade e o situado na investigación, integrando diversos saberes nun punto de encontro entre a imaxinación e o rigor investigativo. Será facilitado por Seila Fernández Arconada, artista e investigadora multidisciplinar cuxa práctica se centra nas incertezas socio-ecolóxicas contemporáneas, influídas polo cambio climático, os conflitos sociais e as actividades extractivas que afectan á natureza, especialmente nas masas de auga.

Inscricións ata o 12 de xuño no formulario: https://saco.csic.es/apps/forms/s/pmb8xcagbwgmamzqyjny2ng5

Esta actividade enmárcase na colaboración entre o proxecto HydroCommons, do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC, e XEITO | Laboratorio de Creación Etnográfica, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT).

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 xuñ 2026
Ás 12:30h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI