A empresa XURDIR coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, organiza o domingo 17 de maio de 2026 a XII Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá dende o Pico Sacro, seguindo o Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura. Trátase dunha competición que une a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.
A maiores desta proba de 15 km, farase unha carreira de 5 km no entorno da Cidade da Cultura, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes. Tamén haberá carreiras para as distintas categorías infantís e xuvenís de sub6 a sub16.
As inscricións estarán abertas ata o xoves 14 de maio. Máis información na web de Carreiras Galegas
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Sábados do 18 Abr ao 16 Mai 2026
12.00 h

























