Premios CECOCIB 2026

A Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE (CECOCIB) entrega o 17 de marzo ás 18 horas na Sala Eisenman da Cidade da Cultura os Premios CECOCIB 2026, unha iniciativa destinada a recoñecer proxectos, investigacións e iniciativas que contribúan de forma efectiva a reforzar a protección dixital de empresas, institucións e cidadanía en Galicia.

Os premios desenvolveranse en tres liñas principais: unha primeira categoría á integración efectiva de ciberseguridade na empresa, que ten por obxectivo recoñecer a aquelas empresas que incorporasen recentemente medidas, estratexias ou solucións de ciberseguridade no seo da súa organización. A segunda, ao mellor traballo universitario, recoñece e valora o esforzo e a excelencia académica dos estudantes das universidades públicas do sistema universitario de Galicia. E a derradeira categoría que pon en valor á mellor iniciativa social en ciberseguridade.

Máis información na súa web.


 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada