A Cidade da Cultura e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentan un programa de formación orientada a profesionais das industrias culturais e creativas galegas, cunha especial atención á innovación tecnolóxica. A través desta colaboración, o obxectivo é capacitar aos participantes no uso de novas ferramentas e técnicas aplicadas á xestión, produción e difusión de proxectos culturais.
O programa consta de cinco cursos en liña que se impartirán entre febreiro e xuño, todos de acceso gratuíto. Inscríbete de balde na web da Cámara de Comercio.
Programa
1. Seminario: Blockchain e NFTs no sector cultural. 02.02.2026 - 19.02.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ.
Obxectivo: Comprender o impacto do blockchain e os NFTs na industria cultural e artística.
- Introdución ao blockchain e o seu impacto na cultura
- NFTs e propiedade intelectual no mundo da arte
- Modelos de negocio baseados en NFTs
- Retos e oportunidades para artistas e xestores culturais
- Estudos de caso e boas prácticas
2. Cultura dixital e novos modelos de xestión cultural. 02.03.2026 - 17.03.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ.
Obxectivo: Introducir aos profesionais do sector cultural nas novas tecnoloxías aplicadas á xestión e difusión de proxectos culturais.
- Introdución á cultura dixital e novos paradigmas
- Xestión de proxectos culturais con ferramentas dixitais
- Plataformas e ferramentas para a difusión en liña
- Experiencias inmersivas (realidade virtual e aumentada)
- Monetización e modelos de negocio na cultura dixital
3. Bootcamp: emprendemento cultural e tecnolóxico. 13.04.2026 - 28.04.2026. 25 horas. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ.
Obxectivo: Formar emprendedores culturais no uso de tecnoloxías para a creación e sustentabilidade dos seus proxectos.
- Contidos principais:
- Métodos áxiles para proxectos culturais
- Ferramentas tecnolóxicas para a xestión e difusión
- Crowdfunding e modelos de financiamento dixitais
- Branding e márketing dixital para proxectos culturais
- Desenvolvemento dun proxecto en equipo
4. Obradoiro: Creación de experiencias culturais con intelixencia artificial. 11.05.2026 - 27.05.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ.
Obxectivo: Explorar o potencial da IA na creación de experiencias culturais innovadoras.
- IA e creatividade: exemplos e tendencias
- Ferramentas de IA aplicadas á arte, música e patrimonio
- Desenvolvemento de experiencias interactivas con IA
- Ética e IA no sector cultural
- Caso práctico: deseño dunha experiencia con IA
5. Programa avanzado: Innovación e tecnoloxía na xestión do patrimonio cultural. 04.06.2026 - 18.06.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ.
Obxectivo: Capacitar aos profesionais do patrimonio na aplicación de tecnoloxías innovadoras.
- Dixitalización e conservación do patrimonio
- Tecnoloxías 3D para museos e exposicións
- Xestión de arquivos dixitais e big data no patrimonio
- Realidade virtual e aumentada aplicada ao turismo cultural
- Estratexias de difusión dixital para museos e espazos patrimoniais






























