As Xornadas “Tempos modernos” reunirán en Compostela a fotógrafos, docentes e comisarios para reflexionar sobre a imaxe contemporánea e os seus desafíos. Dous días aboertos a todo o público, cheas de ideas, proxeccións e debate.
Fotoforum Compostela organiza esta actividade os días 28 de novembro na sede de Afundación e o 29 de novembro na Sala Eisenman da Cidade da Cultura. Contarán coa participación da comisaria de exposicións, crítica de arte e ensaísta Carmen Dalmau, das fotógrafas e fotógrafos Lucía Novais, Sofía Dagà, Vari Caramés e Fuco Reyes, así como tamén da traballadora da imaxe e docente Rosa Neutro e do catedrático de filosofía da USC Marcelino Agís.
Ademais, o sábado 29 de novembro, ás 12:15 h. inaugurarase na Sala Eisenman a exposición Tempos Modernos, con obras de socias e socios de Fotoforum Compostela; unha mostra que reúne as súas miradas arredor dun mesmo concepto: a modernidade e as súas luces e sombras. O acceso a todas as actividades é libre e non require inscrición previa.
Consulta o programa completo na web de Fotoforum Compostela
























