Do 9 ao 11 de novembro o Museo Centro Gaiás acolle o VI Fórum do Camiño de Santiago, Fairway. Fairway é, en esencia, un encontro empresarial co Camiño de Santiago como protagonista. Por iso, no seu apartado de Congreso proponse tratar e tender pontes entre temas de actualidade e tendencias, así como aspectos formativos e de debate, con cuestións que realmente preocupen a un sector profesional moi amplo e de ámbito multidisciplinar, que está vinculado ás rutas xacobeas: aloxamentos, destinos, pemes de servizos turísticos, restauración, estudantes de turismo etc.
A temática central será a turistificación, que se tratará desde unha perspectiva transversal a través de mesas de debate e coloquios nos que se debaterán temáticas de interese e buscaranse exemplos da súa aplicación que poidan servir de referencia.
O programa de Fairway inclúe tamén xornadas de portas abertas ao público xeral, un programa gratuíto de formación e feira de emprego, así como obradoiros e un espazo de feira empresarial.
Podes consultar información detallada do evento na súa web.






















