DrupalCamp 2025

A DrupalCamp Spain é un evento internacional que reúne tanto a grandes especialistas do desenvolvemento web como a persoas que queren ampliar o seu coñecemento ou simplemente coñecer a ferramenta Drupal. A edición de 2025 terá lugar na Cidade da Cultura, os días 19 e 20 de setembro.

O programa inclúe charlas, obradoiros e eventos de networking para afondar nas posibilidades deste xestor de contidos dinámico e libre, empregado tanto por institucións públicas e grandes marcas como por persoas usuarias sen coñecementos de programación pero interesadas na xestión e administración de sitios web.

Ademais, o día 18 haberá un Business Day no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, especialmente orientado a perfís de negocio e de xestión. Será un espazo para compartir experiencias, visións e formas de traballo entre profesionais do sector, no que tamén se celebrará a entrega dos Drupal Splash Awards aos 9 proxectos máis relevantes de España.

Podes consultar o programa completo na web do DrupalCamp.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI