Ciencia e Conciencia no Século XXI

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), a Economics and Business Administration for Society (ECOBAS) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) únense para organizar a I Xornada dos centros de investigación interuniversitarios do SUG, baixo o lema Ciencia e conciencia no século XXI. A xornada terá lugar o 20 de febreiro na sala 9 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura.

Estas xornadas teñen como obxectivo dar a coñecer os tres centros de investigación de nova xeración e fortalecer as estratexias de cooperación entre os seus investigadores.A sesión tamén busca abrir un espazo para a reflexión sobre a ciencia no século XXI, abordando a súa relación coas necesidades sociais e os retos aos que se enfronta a investigación nun mundo en constante cambio, tanto tecnolóxico como ambiental. O evento explorará liñas de traballo inter ou transdisciplinares para definir problemas de investigación de impacto social, tecnolóxico ou ambiental.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h