Entrega do Premio Arume de Poesía

O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acolle o venres 13 de decembro ás 19.00 horas a entrega do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2024, do que resultou gañadora Beatriz Dourado coa obra Latexos. O galardón está convocado pola Fundación Neira Vilas xunto coa empresa Deleite e a asociación do libro infantil e xuvenil Gálix.

O xurado destacou no poemario «o intelixente e suxestivo uso de recursos diversos como as onomatopeias, anáforas ou metáforas que constrúen un universo poético engaiolante para o público novo». Salientou ademais a creatividade no uso e o dominio do rexistro musical e a inclusión de caligramas, trabalinguas, palíndromos e un variado acompañamento gráfico e icónico.

No acto tamén se presentará o libro Versos (a)variados, obra de Pablo Nogueira Campo, gañador da edición anterior e publicado pola editorial Embora.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h