Enfócate 2024

Enfócate nace como unha iniciativa educativa froito da colaboración entre o sector privado e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Este proxecto, que xorde da expansión e evolución de FotoEscola, busca ofrecer formación de calidade no ámbito da fotografía e das artes visuais, converténdose nun referente en Galicia e en Europa.

O 11 de decembro de 2024 celebrarase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o primeiro encontro de Enfócate, no que participarán máis de 700 estudantes e profesorado de Galicia.

O programa do evento inclúe clases maxistrais con profesionais como o fotoxornalista Emilio Morenatti, distinguido recentemente co Premio Pulitzer en 2023 pola súa cobertura da guerra da Ucraína, entre outros galardóns, así como con Antonio Garci, Carlos Quezada, Dani (60 Ráfagas), Manuel San Frutos, Mara Saiz, Pacho Rocha, Santi Veiga e Tony Martín. Todos eles impartirán obradoiros específicos centrados na creación de vídeo, a fotografía de moda e retrato, a fotografía artística e documental ou os usos da intelixencia artificial.

Máis información sobre o evento na web de Enfócate.

 
 
Mar — Dec 2025
De 9.00 a 21.00 horas
5 Xuñ — 23 Nov 2025
De luns a domingo
12 Xuñ - 2 Nov 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h
26 Xuñ 2025 — 11 Xan 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
22 Out 2025 - 21 Feb 2026
22 Out - 23 Nov 2025
De 10 a 20 h
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
1, 8, 15 e 29 Nov 2025
18.00 horas