O Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago acolle o 28 de novembro unha xornada organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) baixo o tema "Decide o Consumidor ou a Intelixencia Artificial?: Turismo e Alimentación”. O evento busca descubrir e debater o papel crecente da IA nos procesos de decisión de compra das persoas consumidoras, cunha atención especial aos sectores do turismo e a alimentación, fundamentais para a economía galega.
A sesión reunirá a expertos de referencia en tecnoloxía, turismo e alimentación para analizar ata que punto as ferramentas de IA e os algoritmos inflúen nas eleccións dos consumidores. A través de presentacións e debates, abordarase o impacto da IA, desde o desenvolvemento de novas tecnoloxías ata a súa aplicación en procesos produtivos, transformación, loxística e comercialización.
A xornada é aberta tanto a profesionais do sector como ao público xeral, con inscrición gratuíta neste enlace.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
























