Asemblea do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia IIMM CSIC Vigo

Celebración da IV Asemblea Xeral do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, xunto co CETMAR e a Universidade de Vigo. O programa ten a protección e xestión sostible dos servizos dos ecosistemas mariños como o seu principal reto, implicando a máis de 89 grupos de investigación galegos, a través de tres grandes liñas de actuación: a observación e seguimento do medio mariño e do litoral; acuicultura sostible, intelixente e de precisión, e innovación, coñecemento e oportunidades para adaptarse ao cambio na economía mariña.

Programa financiado polos fondos europeos FEMP/FEMPA e NestGenerationEU, polo Goberno de España - Ministerio de Ciencia e Innovación a través do PRTR e pola Xunta de Galicia.

O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia é un dos sete programas de Ciencias Mariñas dos Plans Complementarios de I+D+i coas Comunidades Autónomas, que forman parte do Compoñente 17, Investimento 1 do Plan de Transformación e Recuperación da Resiliencia da UE. As accións do Programa fináncianse unhas a través dos fondos Next Generation EU e outras a través do Fondo Europeo Maritimo de Pesca e Acuicultura (FEMP/FEMPA).

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h