O Edificio CINC da Cidade da Cultura acolle o sábado 13 de abril de 2024 a XVII Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap). O evento convoca a todos os profesionais da pediatría que traballan en atención primaria en Galicia co obxectivo de compartir unha xornada de formación continua e posta ao día nos temas de interese para este colectivo profesional.
Ademais, no marco do evento terá lugar a asemblea xeral anual da AGAPap e a revisión de asuntos internos da asociación.
O programa completo da XVII Reunión de AGAPap pode consultarse na web da asociación.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h


























