II Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño

A Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida a público en xeral, comunidade educativa e aos docentes. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno a o eixo común da tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

As charlas poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, de 18,00 a 19,30 h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Programa

Na primeira das sesións, o 4 de abril, Héctor Ruíz Martin, investigador e director da International Science Teaching Foundation, impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?

Pola súa banda, a escritora e columnista Laura Espido Freire será a encargada, o 22 de abril, da intervención Palabras e pensamento: a ciencia e o seu fio narrativo.

Xa en maio, o día 2, José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, afondará nos Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicación na rede; mentres que o día 16 Juanjo Montiel Pérez, enxeñeiro senior de software de Microsoft, aportará unha ollada desde a discapacidade e a plena integración da tecnoloxía na conferencia Tecnoloxía e accesibilidade.

O 28 de maio, Javier Saéz de los Terreros, responsable da comunicación dixital do Museo del Prado en Madrid, descubrirá aos asistentes como achegar a tecnoloxía cara un público que non visita os museos co relatorio Estratexias de comunicación dixital. As redes sociais do Museo do Prado.

O 4 de xuño será a quenda de Francisco Bellas Bouza, investigador e especialista en Intelixencia artificial do CITIC da Universidade da Coruña e do Centro de Innovación Educativa e Dixital, quen abordará o impacto das novas tecnoloxías na sociedade con Educación na era da Intelixencia Artificial: vaiamos a modo.

A última conferencia desenvolverase o 11 de xuño, da man de Luis Sánchez Santos, profesional sanitario do Sergas. Achegará unha visión desde a pediatría e as Ciencias da saúde co relatorio Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía.

Os docentes asistentes ao ciclo completo recibirán un certificado de 12 horas de formación do profesorado.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI