Xornada informativa axudas ao turismo enogastronómico

Turismo de Galicia organiza unha xornada informativa o xoves 15 de febreiro de 2024 dedicada ao sector na que se afondará nos detalles da convocatoria de axudas para o fomento da oferta gastronómica de Galicia que, entre outras accións, impulsa a adecuación de establecementos enoturísticos e adegas, así como a posta en valor de produtos vitivinícolas e gastronómicos.

A xornada celebrarase ás 10,00 horas no edificio CINC da Cidade da Cultura e as persoas interesadas poderán apuntarse ata o 14 de febreiro no correo electrónico secretaria.turismo@xunta.gal e no teléfono 981 54 63 51. Tamén se retransmitirá vía streaming a través da canle de Youtube de Turismo de Galicia.

As axudas, dotadas de 5,5 M€, teñen aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 19 de xuño e buscan fomentar o turismo enogastronómico con medidas que sufragarán o embelecemento de establecementos de aloxamento, restauración e adegas, a posta en marcha de proxectos dixitais vinculados a recursos enogastronómicos ou a ampliación e mellora da capacidade de aloxamento para este tipo de turismo, entre outras.

Esta liña de subvencións enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia ten en marcha con fondos europeos que foron asignados á comunidade galega.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI