Presentación InnovaRede

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra o 14 de decembro unha xornada para presentar InnovaRede, unha nova plataforma que será o punto de encontro e interacción virtual do ecosistema galego de innovación.

A finalidade de Innovarede é impulsar a colaboración entre os distintos axentes de demanda e oferta tecnolóxica dunha forma áxil, directa e aberta, a través da conexión das capacidades dos centros tecnolóxicos, centros de investigación ou innovación, universidades e outros axentes de coñecemento, coas necesidades das empresas. Mediante esta conexión buscamos acelerar o proceso de desenvolvemento tecnolóxico e reducir así a brecha existente entre a I+D e o mercado, especialmente nas pemes.

No evento darase a coñecer ás empresas as vantaxes da innovación conxunta cos axentes de coñecemento de Galicia e, presentarase o mapa de apoios á I+D+i de 2024 con especial fincapé nas convocatorias que abrirán a comezo do ano, como Bonos de Innovación, DeseñaPeme e InnovaPeme, e aquelas que promoven a cooperación, como Misións ou ConectaPeme.

Máis información, programa e inscricións no seguinte enlace.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI