Charla-concerto de Nicolas Bras

A Cidade da Cultura acolle o 16 de outubro un concerto de Nicolas Bras, músico, docente, divulgador e construtor de instrumentos con materiais cotiás e de refugallo. No marco do proxecto Polos Creativos, da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, o músico francés interpretará diferentes pezas e achegará ao público o proceso de fabricación dalgúns do máis dun milleiro de instrumentos de vento, corda e percusión que ten construído ao longo da súa traxectoria.

Bras comezou no mundo da música aos seis anos tocando a guitarra clásica pero non foi ata os 20 que se decidiu a dedicarse profesionalmente a este eido. Apaixonado polos instrumentos, en todas as súas formas, comezou a fabricalos cando traballaba como mestre de música, partindo de materiais de baixo custo e como un xeito lúdico de achegar á rapazada as diferentes sonoridades, posibilidades interpretativas e a linguaxe musical no seu conxunto.

A súa canle de Youtube, con máis de 139 mil suscritores, acumula centos de milleiros de reproducións cos seus proxectos DIY nos que amosa como construír desde clarinetes e frautas con tubaxes de PVC, cítaras con bandexas de forno,e guitarras con láminas de somier, latas de conservas ou táboas de pasar o ferro, entre outros moitos instrumentos.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h