VIII Scratch Day - 2023

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), grazas ao convenio de colaboración que mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), desenvolverá unha nova edición do programa Scratch Day.

A VIII edición desta iniciativa, enmarcada no Plan de Talento Dixital de Galicia —Plan DigiTalent—, está orientada a divulgar os valores da programación informática para espertar e fomentar as vocacións tecnolóxicas no ámbito da educación STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics; Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñeira e Matemáticas) desde idades temperás.

Esta nova xornada de aprendizaxe e diversión, que se celebrará o vindeiro 7 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia (Edificio CINC, Salón de Convencións), está destinada a rapazada de entre 6 e 16 anos e os seus pais ou nais, así como o profesorado ou responsables dos centros interesados en introducir o Scratch na docencia.

Ademais de facerse unha introdución ao Scratch a través de diferentes accións levadas a cabo de forma práctica (movemento, lanzamento e interacción de obxectos) e co desenvolvemento dun videoxogo, nesta edición tamén se fará unha introdución ao Microbit —unha pequena tarxeta deseñada para aprender a programar de forma fácil e divertida— vendo algún caso de éxito de aplicacións prácticas levadas a cabo nun centro educativo.

Hai algún requisito para asistir ao evento? Para o taller de rapaces, estes deberán ter entre 6 e 16 anos e virán acompañados dun adulto.

Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch? É recomendable (non indispensable) que os asistentes estean familiarizados coa contorna de Scratch.

É preciso traer algo? Sí, debes traer o teu portátil e usarase tamén o móbil para ler códigos QR. Recoméndase tamén traer auriculares / cascos, xa que traballaremos con música. O portátil preferiblemente cos seguintes programas instalados:

Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta? Por correo (scratchday@cpetig.gal) ou no teléfono 981.969.354

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI