Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023

A Xunta de Galicia convoca a cuarta edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Estes premios supoñen o recoñecemento á calidade das edificacións rematadas nos anos 2020, 2021 e 2022, tanto de obra nova como de rehabilitación.

Cabe destacar, así mesmo, os dous premios especiais: o de sustentabilidade e á traxectoria profesional; o primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co ambiente, en consonancia cos programas desenvolvidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en especial a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, as Directrices de Ordenación do Territorio e a Estratexia da Paisaxe galega. O premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego por parte das persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas.

O acto de entrega dos premios será no Museo Centro Gaiás (andar -1) o venres 6 de outubro de 2023 ás 10.30 horas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI