A competición estatal de freestyle amateur Noite Meiga celebra a súa final o sábado 30 de setembro de 2023 na Cidade da Cultura. O evento, aberto ao público, enfrontará aos 48 clasificados nas batallas rexionais organizadas por todo o país no Xardín do Teatro a partir das 17.00 horas.
O venres pola tarde (18.00h) haberá unha última ronda previa na Alameda de Santiago de Compostela onde se porán en xogo dous cupos máis para as final, con inscrición libre a partir das cinco da tarde.
Os finalistas competirán en duelos de rap improvisado con ou sen base musical na Cidade da Cultura. Os galardóns deste evento de cultura urbana inclúen tanto un premio en metálico como o pase directo ás finais estatais de Freedom Fighters e TodoRapBenidorm.
O nome de Noite Meiga conecta coa tradición galega, coas noites de rebelión e maxia dedicadas á festa e a gozar na compañía dos teus facendo o que a un máis lle gusta, neste caso o rap. A organización do evento busca distinguirse cun formato sen puntuacións, no que cada finalista poderá representar á súa provincia na procura da victoria na Gran Queimada.
























